O LIBRO.
A novela, publicada en 1903, foi descrita polo autor como novela social e de rebeldía. Nela cóntasenos a historia de Gabriel Luna, criado nas claverías da catedral e destinado a ser relixioso, pero que tras a súa loita nas guerras carlistas ve como a súa vida percorre un camiño moi diferente. Home intelixente, viaxeiro e cultivado, sufrirá a incomprensión e o acoso dos seus contemporáneos e irá a refuxiarse para morrer no lugar que o viu nacer. A súa benintencionada prédica das ideas liberais, anarquistas e ateas, que tanta desgracia trouxo á súa vida, rematará tamén levándoo á morte.
A través dos pensamentos, recordos e conversacións de Gabriel, o autor transmite aos lectores as súas propias ideas sobre a historia e decadencia de España, impulsada por reis ignorantes e fanáticos e sobre todo, pola enorme e desvastadora influencia da Igrexa Católica. Deste modo, a novela parece en ocasións máis un ensaio, no que Blasco Ibáñez explica os ben asentados fundamentos do seu anticlericalismo e a súa preferencia por un goberno republicano.

O AUTOR
Vicente Blasco Ibañez (Valencia, 29 de Xaneiro de 1867- Menton (Francia) 28 de Xaneiro de 1928), naceu no seo dunha familia de comerciantes. Cursou a carreira de Dereito (aínda que practicamente non exerceu).
Dende moi pronto tivo inquietudes xornalísticas (fundou o seu primeiro xornal aos 16 anos, pero ao ser menor tivo que poñelo a nome dun amigo) e sociais (aos 20 anos ingresou na masonería). De carácter impetuoso e vitalista, escribía con inusitada rapidez e tiña unha prodixiosa memoria (preparaba os exames de todo un ano con quince días de antelación).
Dedicouse á política (declarado republicano ocupou escano no Congreso dos deputados por La Unión Republicana e foi perseguido e encarcerado polas súas ideas), ao periodismo (exerceu como correspondente de guerra na II guerra mundial, fundou o xornal "O Pobo" e a editorial Prometeo), pero tamén foi agricultor en Arxentina chegando a fundar unha localidade "Cervantes" que hoxe ten 2.000 habitantes.
Viviu en máis países como Francia e Italia (a maioría das veces a causa de ser perseguido por razóns políticas) e ademais visitou Chile e Portugal.
Conseguiu facerse rico coas súas novelas, e alcanzou tal fama que unha das súas obras "Los cuatro jinetes del Apocalipsis" foi nun tempo o libro máis lido despois da biblia.
Da súa ampla produción literaria destacaremos as súas novelas máis coñecidas: “"La Barraca " (1989), "Entre Naranjos" (1900) e "Cañas y Barro" (1902).

“Calma e mala intención, que todo chegará”. Vicente Blasco Ibáñez.
Boa Lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario