O día 16 de marzo, o Club de lectura de Burela recibiu a visita do escritor Francisco Narla e a axente literaria Déborah Albardonedo. Cos dous charlamos acerca da obra deste novo autor, especialmente da súa novela "Los lobos del Centeno"; pero tamén houbo espazo para abordar temas como a literatura, o proceso creativo e, sobre todo, a mitoloxía e a maxia, especialmente o referente ao folclore galego, do que Narla demostrou ser un excelente coñecedor.
Francisco Narla deixou un grato recordo no noso club pola súa proximidade, a afabilidade do seu trato, a súa predisposición cara ao encontro cos seus lectores (algo que non é común a todos os escritores) e pola capacidade de transmitir en persoa e de palabra todo aquilo que xa transmite na súa obra coa súa elaborada prosa, na que por destacar algunha das moitas calidades que ten, sinalaremos unha máis que notable capacidade descritiva, unha cuidada documentación e un uso da linguaxe moi persoal e adaptado á historia, luxo que só pode permitirse quen manexa a pluma con soltura.
Recomendamos seguir os pasos a este autor, non só polo que xa nos ofreceu coa súa primeira novela, senón polo que se advierte que poderá ofrecer no futuro. O seu próximo libro verá a luz moi pronto. Non lle perdades a pista.
Mentres tanto, si tedes ocasión de asistir a unha conferencia ou coloquio na que o escritor participe, facédeo. É un pracer escoitalo.
19 de marzo de 2010
Francisco Narla, no Club de Lectura
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Noraboa polo voso club de lectura. É un pracer saber que contamos con algo así en Burela.
ResponderEliminarÁnimo e seguide con iniciativas así!
No momento da lectura a obra non me resultou atractiva, porque transmite unha visión moi distorsionada da nosa realidade cultural. PAreceume que peca de folclorismo, tendo en conta que este dista moito do folclore como "saber do pobo". O autor non coñece ben a intra-historia do noso rural oitocentista e, polo tanto, o resultado é artificioso. Ademais de pisar o terreo, para profundizar neste estilo non é irrelevante a lectura de Cunqueiro e Fole...
ResponderEliminarFun á tertulia coa esperanza de que o contacto co autor me fixese matizar un pouco a opinión. Non foi así. Notei un discurso pouco natural, que me reafirmou na visión que tiña da lectura.