O LIBRO
Einés Andrade prepara a súa tese de filosofía sobre Descartes. A súa investigación sobre o matemático e un inesperado descubrimento no faiado da súa casa, lévana a coñecer unha historia que nos traslada ao século XVII na que aparecen relacionados o propio Descartes, a raíña Cristina de Suecia e o marabilloso personaxe de Hélene Jans unha meiga, unha muller con espírito libre, mente lúcida e corazón aberto á vida.
Herba Moura é a historia dunhas persoas dispares entre sí cuxas vidas se atopan nun momento dado, o que dá lugar a un belo relato que nos fala de razón e paixón, do poder da palabra e o poder das herbas, de amor e filosofía (e sobre todo da filosofía do amor). Pero ante todo é unha reivindicación do papel das mulleres na historia, sobre todo daquelas que non figurarán xamais nos libros, pero que souberon vivir conforme ao seu propio criterio, en liberdade.
A AUTORA
Envíanos os teus comentarios. Cóntanos se che gusta a historia, que é o que che transmiten os personaxes, o que este libro che fixo sentir... Anímate e comparte cos demais as túas impresións.

Teresa Moure (Monforte 1966), é escritora en lingua galega e doutora en Lingüística. Exerce a docencia nas Facultades de Filoloxía e Filosofía de Santiago de Compostela.
Publicou máis dunha ducia de traballos na súa especialidade ademais de novela curta e teatro. Ten no seu haber varios premios, tres deles por Herba Moura: o premio Aelg, o Premio da Crítica Narrativa Galega e o premio Xerais de Novela. O libro foi traducido a varios idiomas .
Publicou máis dunha ducia de traballos na súa especialidade ademais de novela curta e teatro. Ten no seu haber varios premios, tres deles por Herba Moura: o premio Aelg, o Premio da Crítica Narrativa Galega e o premio Xerais de Novela. O libro foi traducido a varios idiomas .
Envíanos os teus comentarios. Cóntanos se che gusta a historia, que é o que che transmiten os personaxes, o que este libro che fixo sentir... Anímate e comparte cos demais as túas impresións.
“Os libros fan libre ao que os quere” Vicente Espinel.
Boa lectura.
Me ha encantado el libro, especialmente el personaje de Helene. Su personalidad podría compararse sin ningún problema a la de una mujer de la actualidad. A menudo nos olvidamos de que en cualquier época han existido personas que se han atrevido a vivir a su manera, aunque fuera contra corriente. Y es curioso como, en la mayoría de los casos, han tenido que pagar un alto precio por esa libertad.
ResponderEliminarME HA GUSTADO ESTE LIBRO.PARA MI SU MENSAJE MÁS IMPORTANTE Y PRINCIPAL ES SABER QUE LOS GRANDES PERSONAJES, SABIOS/AS, FILOSOFOS/AS,CONQUISTADORES/AS,HISTORIADORES/AS, INVESTIGADORES/AS,ESCRITORES/AS,PINTORES/AS,ESCULTORES/AS, CIENTIFICOS/AS, ARQUITECTOS/AS....NO SON SOLO LOS/AS QUE SALEN EN LAS ENCICLOPEDIAS
ResponderEliminarDende a primeira á derradeira páxina, pareceume un libro xenial, maravilloso, e totalmente extraordinario. Deses libros que non podes deixar de ler, pero que da pena rematalos.
ResponderEliminarPara min a historia de Hèléne, a mellor das tres, pareceume absolutamente arrebatadora. Unha muller intelixente, sensual, pasional e máxica.
Lectura totalmente recomendada!!
Por qué me gustou herba moura? Porque é sinxela, familiar, acolledora, é como si subise ó faiado da miña avoa e cheirase a macela seca colgada do teito, a mazás madurando na palla, a millo secando no chan.....
ResponderEliminarEncantoume que "Herba moura" sexa unha proposta alternativa en todos os sentidos: que reivindique as memoria das mulleres "invisíbeis" e da súa sabedoría silenciada e rexeitada polo androcentrismo dominante e polo racionalismo canónico; que reivindique o mundo dos sentidos, o amor, a amizade, a maternidade, a conversa demorada, a palabra -a linguaxe, o elemento máis revolucionario que inventou o xénero humano, o único que logra pór o mundo patas arriba-...
ResponderEliminarPara min, a mellor metáfora do romance captouno maxistralmente a persoa encargada da ilustración(outros/as artistas ben importantes no mundo editorial): vexo o patchwork que adorna a capa como un símbolo das vidas cruzadas das tres protagonistas: Cristina de Suecia, Hélène Jans e Einés Andrade.
Tamén me encantaron as parénteses adicionais intercaladas: o Libro das Mulleres, as cartas, as citas, os poemas, as receitas tradicionais...
Que fermosa e profunda revisión do xénero narrativo!!!!
Un libro cheo de encanto, de cercanía, de sabidoría popular, de reivindicación sin rabia...Un fío conductor orixinal e máxico, caótico como a vida mesma. Todos nos atopamos mergullados nun pachwork mellor ou peor cosido. Destacaría a visión que fai a escritora da amizade feminina, ó fin unha relación entre mulleres sen dobreces nin envexas, que tanto gustan na maioría das tramas e relatos. A amizade feminina, cando se da, ten un punto maternal, protector...con un cariño e demostración dos sentimentos que non se agocha nin custa amosar. Ese tipo de amizade, de lealtade, de cariño apaixonado, está pero que moi ben relatado neste libro. Disfrutei moito da sua lectura.
ResponderEliminargoretti