2 de diciembre de 2010

Estamos a ler:



Pedimos desculpas aos lectores do blog, xa que por circunstancias persoais non puidemos realizar a reseña da lectura anterior: "Cien años de Soledad", do escritor Gabriel García Márquez.
Tras este "parón", reincorporamonos á dinámica do noso club de lectura con unha das obras máis destacadas da literatura romántica universal:


CUMBRES BORRASCOSAS Emily Brontë


O LIBRO

"Cumbres Borrascosas" está considerada hoxe en día como un clásico na literatura inglesa. Non obstante, cando se publicou en 1947 foi recibida pola crítica con frialdade e desagrado. Non era para menos, posto que a historia e os personaxes que describe están moi lonxe da idealización da novela romántica e moito menos dos ríxidos canons morais da época.
Todo na obra é paixón e desmesura. Os sentimentos levados ao seu límite, o odio, o amor, os celos, a ambición... e inmersos neles, os protagonistas, Heathcliff e Catalina, cuxo amor coma se dunha herba salvaxe e velenosa se tratase, crece e supera aos amantes e a cantos os rodean. Un amor que non ofrece paz e dozura, moi ao contrario, parece dende o principio destinado a traer a desdita a moitas vidas e a ser, en se mesmo, unha traxedia.



A AUTORA

Emily Brontë naceu en Thornton, Yorkshire (Inglaterra) en 1918 e faleceu o 19 de decembro de 1948. Filla do reverendo Patrick Brontë e da súa esposa Maria Branwell, foi a quinta nunha sucesión de seis irmáns: Maria, Elisabeth. Charlotte. Branwell, a propia Emily e a benxamína Anne.
A súa nai morreu prematuramente e a nena foi enviada xunto ás súas irmás a un colexio para fillas de clérigos. Debido ás duras condicións do centro, as dúas maiores ( de só once e dez anos) contraeron a tuberculose e morreron. O pai sacou ás súas fillas mais pequenas da institución, na que apenas permaneceron uns meses.
Emily traballou como institutriz e logo ingresou xunto á súa irmá Charlotte nun colexio privado en Bruxelas. Tras a morte da súa tía, a moza volverá a Inglaterra para exercer como administradora do fogar familiar. Ocuparase principalmente do seu irmán Branwell, un pintor de talento frustrado a causa da súa inestabilidade e a súa adicción ao opio e ao alcohol, ao que coidará con abnegación ata a súa morte.
En 1846 publicará o seu primeiro libro de poesías xunto coas súas irmás :"Poemas de Currer, Ellis e Acton Bell" (as tres utilizan pseudónimos masculinos) que terá escasa repercusión. Pero as irmás non se desaniman e comprométense a escribir unha novela cada unha.
Así, en 1847, verá a luz "Cumbres Borrascosas", unha obra que desconcertou crítica e público pola súa estrutura innovadora e a presentación dunha historia que supera os límites da opresiva moral vitoriana.
Só un ano máis tarde, Emily asistirá en setembro ao funeral do seu irmán. Alí contrae un catarro que se transforma en tuberculose e lévaa á tumba tres meses despois. Tan só tiña 30 anos.


“Cando o amor desenfreado entra no corazón, vai roendo todos os demais sentimentos” Alejandro Dumas (pai).

Boa lectura

1 comentario:

  1. Hola,
    disculpen que me ponga en contacto con ustedes a través de un comentario, pero es que no he encontrado ningún email para hacerlo por otra vía.

    Mi nombre es Eloy Moreno, y les escribo porque voy a publicar mi primera novela con Espasa: “El Bolígrafo de Gel Verde”, de una forma un tanto especial.

    Hace un año decidí ser yo mismo quien la editase y distribuyese. Para darla a conocer, cargaba una maleta llena de libros y me iba con el coche ciudad por ciudad, pueblo por pueblo y librería por librería. Normalmente me pasaba días enteros en diferentes librerías y allí, junto a una mesa, me dedicaba a promocionarla hablando directamente con todos los lectores.

    Durante esta promoción hubo algo que me encantó, y fue el hecho de poder reunirme y hablar en varios clubs de lectura. Esto me ha dado la oportunidad de conocer de primera mano la opinión de los lectores. Creo que es lo más bonito de la escritura: tener la oportunidad de saber qué les parece la novela a aquellos que la leen, conocer sus sensaciones, sus impresiones...

    Hace unos pocos meses, Espasa adquirió un ejemplar de la novela y tras leerla me llamó interesándose por la misma.
    Finalmente se publicará en toda España el 13 de enero de 2011.

    Les escribo porque, ahora que la novela se va a distribuir a nivel nacional, me gustaría poder seguir obteniendo las opiniones directamente de los lectores a través de los Clubs de Lectura. Por eso, si les apetece incluir mi libro en su programación de lecturas, para mí sería un placer poder compartir con ustedes las sensaciones, sentimientos... que les ha generado su lectura. Podemos intercambiar opiniones sobre la novela vía email, facebook, etc.

    Les dejó un enlace a la página web de la novela por si quieren obtener más información de mi pequeña historia. Además, en la sección Opiniones podrán consultar los comentarios de los lectores.

    www.elboligrafodegelverde.com

    Sé que no es normal que sea el propio escritor el que se ponga en contacto con los lectores, pero es lo que he estado haciendo desde el principio y ahora tengo la oportunidad de llegar a mucha más gente. A pesar de que no soy ni Dan Brawn ni ningún Premio Planeta les invito a que lean mi novela, quien sabe, igual les sorprendo.

    Muchas gracias por su tiempo.

    Un saludo.

    Eloy Moreno.
    Castellón

    ResponderEliminar