OLLOS DE AGUA Domingo Villar
O AUTOR
Domingo Villar, (Vigo 1971) vive en Madrid, e exerceu como guionista de cine e televisión. Ligado dende a súa infancia ao mundo do viño (o seu pai é bodegueiro, ao igual que o proxenitor do seu personaxe Leo Caldas) traballou como critico gastronómico nunha emisora de radio nacional e colaborador habitual en varias publicacións escritas.
“Ollos de auga”, (a súa primeira novela) publicouse no ano 2006 e tivo unha grande acollida entre a crítica e o público, obtendo o I Premio Sintagma, o Premio Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sarmiento, ademais de quedar finalista en dúas categorías dos Crime Thiller Awards en Reino Unido. Éxito indiscutible de vendas na súa terra natal, foi tamén un dos libros máis vendidos a nivel nacional, e un descubrimento para os amantes do xénero policíaco.
Na súa segunda novela A praia dos afogados 2009, continúa relatando as aventuras do detective Leo Caldas e do seu axudante Rafael Estévez, e non defraudou aos seus seguidores, polo que é de esperar que esta saga detectivesca nos ofreza mais historias no futuro.
A súa obra que se publica simultáneamente en galego e en castelán, foi traducida xa a varios idiomas.

A OBRA
Leo Caldas, un detective galego, e Rafael Estévez, o seu axudante, un aragonés recén chegado á comisaría, investigan o asasinato dun músico perpetrado con inusitada crueldade nun piso de luxo fronte á ría de Vigo.
As pescudas que os dous axentes levarán a cabo para descubrir o culpable, non só transmiten aos lectores a intriga inherente ás novelas policíacas, senón que os somerxen no día a día de Galicia, na súa gastronomía, as súas paisaxes, o carácter das súas xentes... Deste modo, trama e marco compleméntanse de tal maneira que a obra de Villar adquire unha marcada "denominación de orixe" facendo a súa lectura especialmente próxima para todo aquel que coñeza Galicia. Nas novelas non só se trasmite o amor e coñecemento que o autor ten da súa terra, senón unha calidade na narración que aínda se acrecenta se cabe na segunda novela, totalmente recomendable para os que gozaran coa primeira.

Boa lectura.
Me ha gustado este libro y me ha resultado muy entretenido. No había leído nada de novela policiaca gallega. Creo que el autor ha sabido combinar el suspense con algunas notas de humor gallego.
ResponderEliminarMe resulta entrañable el personaje del inspector Leo Caldas y como contrapunto el de su ayudante Estévez, que no es capaz de entender el carácter de los gallegos.
Resultoume un libro de lectura áxil e entretido, sen máis pretensións. Boa a historia e orixinais os personaxes, que recrean unha Galicia actual.
ResponderEliminarOs protagonistas, un inspector galego e o seu axudante aragonés que non acaba de entender a idiosincrasia galega lévannos por unha trama salpicada de ironía, misterio e retranca.
Quedo con ganas de ler a segunda entrega desta parella tan singular a ver se me sorprende.