O LIBRO
Hai que ter moito valor para abordar a temática do suicidio nun país no que esta práctica é, desgraciadamente, case un problema nacional. Non obstante Paasilinna cóntanos a historia dun par de suicidas frustrados que se encontran por casualidade e deciden unirse a outros como eles para abandonar este mundo de modo digno e, sobre todo, en afectuosa compañía.
A peregrina idea de montarse nun autobús e percorrer Europa en busca dun bo precipicio onde asegurarse unha longa caída e unha morte segura, transfórmase pouco a pouco na antítese do destino final, é dicir, nun canto ao desfrute da vida. Os futuros suicidas, libres do temor do futuro e dos prexuízos ou problemas do presente (á fin e ao cabo pronto rematará todo así que: Por que preocuparse?), descobren o pracer da liberdade e da camaradaría, o valor de cada minuto vivido, o desfrute das cousas sinxelas... e a posibilidade de darlle unha segunda oportunidade á súa existencia.
Unha obra que sen deixar de lado o dramatismo (pois case non hai maior drama que a necesidade de abandonar o mundo), nos ofrece unha mensaxe optimista, e ao final che deixa con bo sabor de boca. O especial humor de Paasilinna quizais non chegue a todo o mundo (o humor, é, á fin e ao cabo, subxectivo) pero é indubidable que o autor nos ofrece un libro diferente e orixinal, e achéganos á literatura do seu país, para moitos ata agora descoñecida.

O AUTOR
Arto Paasilinna naceu en Kittilä (Finlandia) o 20 de abril de 1942. Foi xornalista e gardabosques e actualmente é un dos autores máis prestixiosos do seu país, despois de publicar preto de corenta novelas dende que en 1972 empezou a escribir.
O éxito chegoulle coa súa terceira novela. “El año de la liebre” (1975), Levada ao cine en dúas ocasións e traducida a 18 idiomas. Esta obra tamén foi seleccionada pola Unesco nun dos seus proxectos, que fomenta a publicación, tradución e difusión de obras representativas dende o punto de vista cultural e literario, de diferentes países.
Aínda así, tiveron que pasar máis de 20 anos para que as súas obras empezasen a publicarse en España, empezando por “El año de la liebre” en 1998. Seguírona: “El molinero aullador”, “El bosque de los zorros””Delicioso suicidio en grupo”, “La dulce envenenadora” e “El mejor amigo del oso”, todas elas son só unha pequena mostra do seu traballo ata agora.
A prosa de Paasilinna caracterízase por un humor negro, intelixente e moi crítico, facéndoo xermolar de situacións dramáticas, mesmo terribles, que aborda sen asomo de pudor pero a pesar de todo con respecto. Talvez a súa experiencia como gardabosques o fai equiparar en moitas ocasións a conduta humana e a animal, con resultados sorprendentes que dan fe da súa case excéntrica creatividade.

"A morte ameázanos, pero tamén nos fai libres" Arto Paasilinna
Frase do titular dunha interesante entrevista ao autor no pais.com (babelia) en marzo do 2007, a raíz da publicación do libro.
Boa lectura.