O LIBRO
Herba Moura é a historia dunhas persoas dispares entre sí cuxas vidas se atopan nun momento dado, o que dá lugar a un belo relato que nos fala de razón e paixón, do poder da palabra e o poder das herbas, de amor e filosofía (e sobre todo da filosofía do amor). Pero ante todo é unha reivindicación do papel das mulleres na historia, sobre todo daquelas que non figurarán xamais nos libros, pero que souberon vivir conforme ao seu propio criterio, en liberdade.
A AUTORA
Publicou máis dunha ducia de traballos na súa especialidade ademais de novela curta e teatro. Ten no seu haber varios premios, tres deles por Herba Moura: o premio Aelg, o Premio da Crítica Narrativa Galega e o premio Xerais de Novela. O libro foi traducido a varios idiomas .
Envíanos os teus comentarios. Cóntanos se che gusta a historia, que é o que che transmiten os personaxes, o que este libro che fixo sentir... Anímate e comparte cos demais as túas impresións.
“Os libros fan libre ao que os quere” Vicente Espinel.
Boa lectura.