10 de febrero de 2010

Benvidos!

Neste primeiro post, queremos saudar a todos os membros do club de lectura de Burela: aos que acoden puntualmente ás reunións e aqueles que por diversos motivos non poden asistir, pero que igualmente comparten todas as lecturas que realizamos ata agora. Grazas por embarcarvos nesta aventura, por crear en Burela un espazo cultural tan necesario para os que temos inquietudes relacionadas co mundo da literatura.
Este blog nace coa intención de ofrecer a posibilidade de participar no comentario dos libros aínda que non se poida asistir ás reunións. Queremos, de igual modo, abrir o noso club a calquera persoa en calquera lugar, amante como nós da lectura e que queira compartir as súas opinións sobre os libros que estamos a ler.
Con esa ilusión, presentamos o blog e animámosvos a todos a enviarnos os vosos comentarios. Un blog de lectura non é nada sen vós, os lectores.